Disfunción continua presenta “Eran outros tempos, ou non?”

O vindeiro venres 26 de xuño ás 21:00 na Comunidade de Montes de Combarro volta o Poio Escena a Combarro. Desta vez contaremos co grupo  Disfunción Continua (A Estrada) que representarán “Eran outros tempos, ou non?”. Divertida comedia que fará lembrar a moitos sobre a educación noutros tempos.

SIPNOSE
Cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector.
Duración: 80 min.
Director: Jouse García
Elenco: María Porto, Clara Iglesias, Beatriz del Río, Guillermina Pose, Sara Andújar, Natalia Carbajal, Alejandro Picallo, Manu Mougán e Manuel Rosende. (e… María Gaiteiro e Sabela Magariños)
Cartel: Miguel Carbajal

Se te queres divertir, xa sabes, acude ao teatro!

Podedes atopar máis información de Disfunción continua no seu blogue http://disfuncioncontinuateatro.blogspot.com.es/

Poio_escena_xuño(2)

You may also like...

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha