Crease un cineclube no Fogar Armadiña

O próximo sábado 30 nace un novo proxecto da ACDeM Armadiña “Cinema do Fogar”. O cineclube programará unha sesión por mes no Fogar o Armadiña. Proxectaranse filmes clásicas destinadas a todos os públicos.

A Armadiña pretende con esta iniciativa construír unha comunidade de cinéfilos, sendo estes quen se encargarán da escolla das obras a proxectar no futuro. Ademais, tras cada filme haberá un coloquio posterior onde os asistentes comentaran as obras previamente proxectadas.

Animamos a todo o mundo que lle guste o cinema a asistir a primeira sesión que se celebrará o sábado 30 ás 21:00 no Fogar do Armadiña. Proxectarase “As viaxes de Gulliver” mais tamén falaremos falaremos do proxecto, de como sumarse e como axudar a crear unha comunidade de amantes do cinema. Anímaste?

Título orixinal: Gulliver’s Travels

Ano: 1939

Duración: 76 min.

País: Estados Unidos

Dirección: Dave Fleischer

Guión:Dan Gordon, Cal Howard, Tedd Pierce, Edmond Seward, Izzy Sparber (Novela: Jonathan Swift)

Música: Ralph Rainger

Fotografía: Charles Schettler

Productora:Fleischer Studios

Xénero: Animación. Aventuras. Fantástico. Infantil | Cine familiar. Contos

Sinopse:

O barco no que viaxa Gulliver naugrafa e o mar arrástrao á costa do país de Lilliput, un lugar habitado por ananos. Ao despertar, Gulliver descobre que caeu prisioneiro destes entrañábeis seres.

Sen embargo, cando a princesa de Lilliput e o príncipe do reino veciño están a piques de casar, desatase unha absurda guerra entre os dous pobos e Gulliver deberá utiliza o seu enxeño para salvar a cerimonia.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha