Campaña Socios 2016
O Consello Xeral da Armadiña decidiu comezar coa Campaña de Socios do 2016 onde nos marcamos como obxectivo o de seguir aumentando a masa social da asociación.
Para este ano decidimos establecer, con carácter provisorio (*), unhas novas cotas de afiliación para o ano en curso que nos permita manter as actividades levadas a cabo no 2015.
CARNÉ FAMILIAR – 20€/ano
CARNÉ ADULTO INDIVIDUAL – 12€/ano
CARNÉ MOCIDADE – 6€/ano
Con respecto ao ano anterior, a asociación realiza unha subida de 2€ por persoa/ano. Consideramos unha subida accesible para toda a nosa masa social e que nos vai permitir manter o número de actividades con respecto o ano anterior.
Tamén indicar que creamos unha nova oferta para a nosa afiliación máis nova. Poderán acceder ao desconto do CARNE MOCIDADE aqueles asociados que se atopen entre 18 e 25 anos.
Podedes realizar o pagamento a través dunha transferencia a conta IBAN ES88 2080 5419 9430 4011 1495 poñendo como concepto o/s número/s de soci@/s e os nome/s da renovación. Os abonados que teñan a cota domiciliada, indicar que pasaremos o recibo de renovación nos primeiros 15 días de marzo.
(*) Estas cotas aprobadas polo Consello Xeral da Armadiña son provisorias e terán que ser ractificadas en Asemblea Xeral de Soci@s que se convocará nos próximos días. Mostrámonos abertos a todas as propostas que calquera afiliado nos requira sobre esta cuestión. Podedes comunicarnos a través asociacion@armadinha.gal