Bases do I Concurso de balcóns, patíns e solainas

I CONCURSO DE BALCÓNS, PATÍNS E SOLAINAS DO RECINTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE COMBARRO

1. Convocatoria
A ACDM Armadiña, en colaboración co Concello de Poio, a través da ARI de Combarro, organiza o I Concurso de balcóns, patíns e solainas do Recinto Histórico Artístico de Combarro como unha das actividades encadradas dentro da programación do Festival Armadiña Rock durante o mes de agosto de 2016.

2. Obxecto do concurso
Mediante este concurso preténdese poñer en valor os beneficios socio ambientais da recuperación dos balcóns, patíns e das solainas como elementos vivos do Recinto Histórico Artístico de Combarro, no marco da tradición e cultura de Galicia, implicando á veciñanza no seu coidado e ornamentación mediante a utilización de prantas autóctonas preferiblemente e/ou elementos relacinados coa cultura mariñeira  e agrícola da nosa terra.

3. Participantes
Poderán participar no concurso toda a veciñanza de inmobles con balcón, patín ou solaina que reúnan as condicións necesarias para ser decorados sen poñer en perigo a integridade do mesmo nin a dos viandantes, e se atopen dentro do Recinto Histórico Artístico de Combarro.
Quedan exceptuados do presente concurso os balcóns, patíns e solainas de edificios públicos ou oficiais.

4. Inscricións
As incricións deberán realizarse según o modelo normalizado que poderá atopar na oficina de Turismo sita na Escola do Campo.
No momento da inscrición facilitarase un distintivo que deberá ser exhibido nun lugar visible dos inmobles participantes.

5. Desenvolvemento do concurso
Os balcóns, patíns e solainas dos inmobles participantes deberán estar ornamentados o día 26 e manteranse ata o 28 de agosto de 2016.

Elementos permitidos para a participación no concurso:
Prantas preferiblemente autóctonas: camelia, rosal…..
Elementos relacionados co mar e a cultura mariñeira e agrícola da nosa terra: redes, nasas, millo, cestos artesanais ….

Deberán estar perfectamente anclados á estructura do balcón, patín ou solaina calquera elemento colgado ou colocado que puidese precipitarse polo efecto do vento, sen que a súa ubicación poña en perigo a seguridade dos viandantes; facéndose responsable a persona inscrita/participante no concurso de calquera accidente orixinado pola caída dalgún elemento ou parte desta á vía pública.

6. Xurado
Os membros do xurado daranse a coñecer no momento do fallo do concurso, estando composto al menos de:
Un/unha representate da ACDM Armadiña.
Un/unha representante do Concello de Poio.
Un/unha experto/a en xardinería ou embelecemento urbano.

Os compoñentes do xurado non poderán participar no concurso. O fallo do xurado será inapelable, podendo declarar deserto os premios por falta de calidade suficiente ou infrinxir os criterios establecidos nas presentes bases.

O xurado ten a postestade de resolver calquera eventualidade non fixada previamente nestas bases, resolvendo ao seu arbitrio calquera dúbida que puidese xurdir.

7. Criterios de valoración
O xurado basará o criterio da súa puntuación segundo:
A orixinalidade e creatividade da composición.
Calidade ornamental.
Armonía do conxunto, deseño.
Laboriosidade.
Adaptación ao entorno.
Uso de elementos autóctonos

8. Premios
Os premios correspondentes a este I concurso de balcóns, patíns e solainas serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € e diploma acreditativo.
Segundo premio: 80 € e diploma acreditativo.

Os premios entregaranse na praza da Rualeira o día 28 de agosto, de acordo coa programación do Festival Armadiña Rock.

9. Compromiso
A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases como tamén o fallo do xurado. Así mesmo autorízase á organización a realizar cantas fotografías se consideren oportunas, reservándose todos os dereitos, podendo ser utilizadas para a súa publicación en calquera medio, sempre que se realicen dende espazos comúns e públicos.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Inscrición no concurso balcóns
Sending

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha