Armadiña Rock 2016: Primeiras Confirmacións
O Armadiña Rock amplíase a dous días, celebrándose o 26 e 27 de agosto na praza da Chousa de Combarro, será de balde e seguirá integrándose dentro da Festa do Mar.
A Asociación Armadiña confirma que as bandas Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans estarán na VIII edición do Armadiña Rock.
Siniestro Total é a banda máis importante do punk-rock galego incluirá o Armadiña Rock dentro da súa xira “El mundo da vueltas Tour”. A banda viguesa liderada por Julián Hernández será a cabeza de cartaz na edición do 2016.
Terbutalina é unha das banda galegas máis importantes do momento. Co seu penultimo LP “A muerte” os de Muros gañaron o Premio de la Música Independiente a Mellor album en Galego. Neste 2016 estrenan disco “AL OTOMANO SE LE VA LA MANO” o cal tamén están nominados aos mesmos premios.
The Lákazans, grupo galego que conxuga o blues o country e o soul. Presentaron disco o ano pasado, HOMEGROWN no que se aprecian dúas vertentes da música americana: A branca(country) e a negra (blues/góspel). Recentemente foron nominados aos Premios Martin Codax ao mellor Grupo Blues/Funk/Soul.
Nos próximos días a Asociación Armadiña confirmará o resto do bandas que actuarán no Armadiña Rock, así como tamén, as actividades paralelas aos festival.