ACTOS RELACIONADOS CO 8M

A Asemblea Galegas 8M formouse en decembro de 2017 co obxectivo de reflexionar e traballar nun Día das Mulleres a nivel galego que sexa o máis diverso, horizontal e inclusivo posible.

Esta asemblea está formada por decenas de colectivos, plataformas e organizacións feministas e mulleres a título individual e ten carácter itinerante, realizando as súas xuntanzas en distintos puntos da xeografía do país.

Este ano Galegas 8M chegou a Poio. Despois de realizar o día 10 de febreiro unha reunión informativa no municipio, xurdiron varias actividades a realizar. Entre elas está a colgada de mandís ao redor da praza da Chousa, os cales foron doados polas mulleres da contorna. Por iso pedimos a colaboración das veciñas para que elas tamén colguen os seus mandís nas xanelas o día 8, facendo saber que elas tamén secundan a folga.
Ademais colocaranse frases de mulleres recoñecidas ao longo da historia.

O propio día 8 de marzo concentrarémonos coas compañeiras da comarca na Praza da Ferrería ás 13:00h, e para rematar o día seguiremos a manifestación que sae ás 20:00h do Hospital Provincial.

Por último, o día 3 de marzo marcharemos cara Lugo á manifestación unitaria, grazas a colaboración do Concello que facilita o transporte para todas as persoas de Poio que queiran participar.

Para máis información:
galegas8mpontevedra@gmail.com

 

Asemblea Feminista Armadiña

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha