A CHOUSA, CHANZOS POSITIVOS

A ACDeM Armadiña valora moi positivamente a aprobación por unanimidade da desafectación da contorna da Chousa.

No pleno realizado o martes no Concello de Poio, aprobouse a iniciativa presentada pola ACDeM Armadiña, para a cal contamos co apoio de a Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro, A Solaina e Mare Podium.

Primeiro queremos agradecer aos tres grupos municipais BNG, PP e PSOE e a concelleira non adscrita Silvia Díaz o voto favorable á moción presentada para a desafectación da contorna da Chousa. É a primeira vez que o noso colectivo realiza este tipo de acción e estamos sumamente contentos do apoio recibido.

O martes puidemos comprobar os informes realizados nestes meses pola equipa de goberno, valorámolos moi positivamente e considerámolos serios e rigorosos. Cremos que dende onte a Chousa está máis preto da veciñanza mais somos conscientes da complexidade administrativa que aínda queda.

O Concello de Poio reunirase nos próximos días con Portos de Galicia, agardamos con ansia esa reunión e non entenderíamos un novo aprazamento por parte da entidade autonómica, xa que dende a delegación territorial de Costas do Estado, transmitiron a súa vontade de remitir favorablemente ao ministerio o expediente da desafectación.

Consideramos os primeiros chanzos positivos, mais seguiremos vixiantes para que as administracións axilicen os trámites e a Chousa pertenza canto antes os veciños e veciñas de Poio.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha