Familia Caamagno no Armadiña Rock

Dende ACDeM Armadiña confirmamos que a banda  Familia Caamagno estará no Armadiña Rock 2015.  Congratulámonos de poder contar cunha das revelacións do 2014,  a cal posúe un demoledor directo que non deixa indiferente a niguén, feito para bailar.

Dende a Galiza máis profunda e remota a Familia Caamagno está disposta a manter e perpetuar as súas raíces italoamericanas. Mesturando o garaxe, o blues, a empanada de pulpo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, pretenden facer bailar a todos os que se acheguen ás súas galas. Aínda que non queiran.

O seu último disco Hai que andar cos tempos! (Lixo Urbano 2014) foi considerado como un dos tres mellores discos galego do ano pasado pola revista musical Mondo Sonoro. O programa de Radio 3 “El Sotano” elixiu o tema Surfistas Nazis coma a canción do verán e entre as 100 mellores cancións do ano.

Esta confirmación súmase a  de Os Diplómaticos de Monte Alto a finais de abril. Nos próximos días a ACDeM Armadiña pechará o cartaz publicando as últimas confirmacións para a sétima edición do festival.

Lembramos que o Armadiña Rock 2015 celebrarase o venres 21 de agosto na Praza de Chousa de Combarro dentro da programación das Festas do Mar de Poio.

Fontes:

https://familiacaamagno.bandcamp.com/

http://www.gzmusica.com/cartafol/exemplo-categoria/familia-caamagno.html

Vostede pode gustar

Deixa unha resposta

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha